Friday 10 de May de 2024

Curso gratuíto de escritura creativa no Lustres Rivas co profesor López Marqués


O Concello de Riveira vai poñer en marcha no vindeiro mes de xullo un curso de escritura creativa gratuíto no que Xabier López Marqués exercerá un ano máis de profesor para aprenderlles aos que decidan asistir unha serie de claves sobre creación literaria.

O curso terá lugar os días 3, 4, 6, 10, 11 e 13 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas en horario de 10 a 13 horas.

Información e inscrición: normalizacion@riveira.com ou teléfono 981 835 650.

É unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística e da Concellería de Educación de Riveira.